O pasado martes 4 de
novembro o cantante Pablo Balseiro, acompañado pola súa banda, visitou o CPI
Virxe da Cela para ofrecer un divertido concerto, titulado Per-Versións. Durante hora e media dedicaron ao seu público de ESO
unha morea de versións de diferentes temas que habitan na nosa cultura popular,
desde pasodobres, rumbas e outros ritmos de orquestra, versións de famosas
cancións da década dos oitenta e os noventa, e tamén algunha incursión na
música máis actual. Aínda que os rapaces e rapazas animaban timidamente con
palmas desde os seus asentos, os músicos deixaron a pel no escenario, baténdose
en duelo constante coas pésimas condicións acústicas do pavillón polideportivo,
os ruídos de maquinaria dos operarios que nese momento realizaban tarefas de restauración
do edificio e incluso a forte treboada con intensa choiva que se escoitou ao
final do concerto, rebotando e retumbando na uralita do tellado!!! A nota
divertida e de cor a puxeron un grupo de rapazas de 2º da ESO, que pediron a
famosa canción da Macarena e saíron a
bailar á pista. Posteriormente tamén realizaron un tren chu-chu que se desprazou polo espazo ao ritmo das cancións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario