O día 15 de decembro de 2014 veu ao noso centro o Cuarteto Pizzicato. O grupo estaba formado por dúas nenas que se chamaban Sofía e Patricia e dúas mulleres: Ludmila e Despina. Ludmila era de Rusia, Despina de Rumanía e Sofía e Patricia españolas. Tocaban instrumentos de corda: o violín, a viola e tamén o piano. Tocaron cancións de diferentes compositores como Mozart, Vivaldi e Haydn. Tamén deixaron tocar a Miguel que era de 2º de primaria e a Antonio de 1º. O concerto estivo moi ben e a todo o mundo lle gustou.
Alumn@s de 4º de primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario