viernes, 17 de junio de 2016
lunes, 13 de junio de 2016
jueves, 9 de junio de 2016
A MUSICOTERAPIA
A musicoterapia é una disciplina que consiste en tratar a persoas psicoloxicamente con un método baseado na música (audición, interpretación, creación…).
Creo que é un gran método, xa que a psicoloxía pode chegar a ser moi monótona é en casos pouco eficaz. Se a unha persoa lle gusta a música, que mellor método? E se non lle gusta, é a mellor ocasión para que lle colla o gusto.
A musicoterapia pode ser un dos métodos menos comúns para tratar problemas psicolóxicos, pero tamén é un método para que a persoa se esqueza por uns instantes dos problemas, e posteriormente se decate que non son tan importantes.
Por que este interese na musicoterapia? A min gústame moito a música, pero tamén teño gran interese na rama científico sanitaria, e a musicoterapia paréceme moi interesante; xa que unifica as dúas cousas que máis me gustan. Pero en realidade eu creo que a música, sen nada máis, xa é máis que unha terapia. Ana Pena
martes, 7 de junio de 2016
MAIOS 2016
Xustiños no límite… o último venres do mes de Maio
foi o día elixido para celebrar esta conmemoración que da a benvida á primavera
(venres 27 de maio de 2016). Coa colaboración de todos e todas conseguimos
grande cantidade de fermosas flores que utilizamos para tecer unha alfombra que
fai referencia aos 40 anos de historia que está a cumprir o noso centro
educativo, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, e engalanar unha estrutura cónica típica dos
Maios. Contamos con varias actuacións musicais do alumnado de educación
infantil, primaria e ESO, figurando no repertorio temas tradicionais como “Amoriños
collín” ou o xa coñecida danza de paus que tanto éxito ten entre o noso
alumnado. Como broche final a esta celebración entregáronse os premios e
diplomas aos gañadores do concurso “Preguntón 2016”, que este ano recaeron en “Grupo
de Monfero” (1º premio) e “Los Legales” xunto con “Andrea e Alba” (2º premio).
martes, 19 de abril de 2016
IGNACIO "JACKSON"
Impresionante a actuación do noso compañeiro Igancio (4º da ESO) durante a celebración do Día da Paz, que deixou ao público abraiado co seu baile "Black or White". Agradecemos ao seu profe Fernando o tempo invertido na montaxe deste vídeo tan simpático.
miércoles, 2 de marzo de 2016
viernes, 19 de febrero de 2016
martes, 16 de febrero de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)