Xustiños no límite… o último venres do mes de Maio
foi o día elixido para celebrar esta conmemoración que da a benvida á primavera
(venres 27 de maio de 2016). Coa colaboración de todos e todas conseguimos
grande cantidade de fermosas flores que utilizamos para tecer unha alfombra que
fai referencia aos 40 anos de historia que está a cumprir o noso centro
educativo, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, e engalanar unha estrutura cónica típica dos
Maios. Contamos con varias actuacións musicais do alumnado de educación
infantil, primaria e ESO, figurando no repertorio temas tradicionais como “Amoriños
collín” ou o xa coñecida danza de paus que tanto éxito ten entre o noso
alumnado. Como broche final a esta celebración entregáronse os premios e
diplomas aos gañadores do concurso “Preguntón 2016”, que este ano recaeron en “Grupo
de Monfero” (1º premio) e “Los Legales” xunto con “Andrea e Alba” (2º premio).
No hay comentarios:
Publicar un comentario