lunes, 23 de marzo de 2020

FESTIVAL GRELO FOLC 2010


     Todos os anos, a mediados de outubro, celébrase en Monfero o festival “Grelo Folc”. Trátase dun evento musical con música tradicional galega que se leva celebrando dende o ano 1999 sendo organizado pola asociación cultural “O Abordelo”. No video móstranse actuacións do Grelo Folc do ano 2010, e pódese apreciar tras o escenario o mosteiro de Monfero. No evento cómese nunha carpa e escóitanse actuacións de recoñecidos grupos galegos como Feroces da Galgueira, Banda Xangai o The Homens, que tocaron o ano pasado. O evento é de pago, pero non é caro xa que se come ben e escóitase moita música, polo que sale rendable. Paréceme boa idea que o festival se celebre no mosteiro, xa que se lle da visibilidade, que lle fai moita falta e que sabe, algún día ao mellor o restauran… En definitiva, o Grelo Folc é un evento musical emblemático de Monfero e un sello do seu prestixio e bon comer, ao que me gustaría asistir o ano que vén (ou este, se non se suspende). Hugo Lucía Romero 3º ESO.

      Este vídeo está elaborado coas recompilacións de videos que se foroan gravando ao longo do día e da noite no Grelo Folc no 2010, nese acontecenmento vai xente de diferentes idades en distintos momentos do día, xa que se fan diversas actividades ao longo da xornada. No vídeo vin aos meus veciños e incluso familiais de Monfero, que estaban a disfrutar dun fantástico xantar, como producto estrella o grelo. Tamén vemos que según avanza o día hai diferentes músicos, pero todos teñen en común a interpretación da música e o baile galego, xa que unha das características que ten que ter un grupo para ser contratado e tocar no Grelo Folc é que ten que ser música galega e non sexista. Un detalle que me chamou moito a atención é que hoxe en día para pasalo ben nunha festa teñen que ir grandes orquestas, con cantantes guapos e guapas e coa mínima roupa posible, cantando reguetón e con coreografía e vestuarios impresionantes. Pola contr, nesta celebración á noite, hai unha orquesta con música tradicional, as mulleres todas tapadas, sen coreografias ensaidas, e todo o mundo o esta pasando ben, salta, cantan, baila… Este detalle que sería irrelevante fíxome pensar no pouco valor que lle damos a nosa lingua é as nosas tradicións. Este video esta relacionado co traballo que estamos a elaborar en música para mandar ao xornal La Voz de Galicia. Marta Fernández Sanjuán 3º ESO.


       No vídeo pódese ver o festival Grelo Folc do ano 2010 no mosteiro de Monfero. Ao principio do video vese a xente comendo churrasco sentados nas mesas...  E ao final vense cantar aos grupos folclóricos e a xente bailando e disfrutando. Polo que vin no vídeo a festa ten pinta de ser moi divertida porque comeza ao mediodía donde todo o mundo come xuntos en mesas cos seus amigos e familia e despois pola tarde comezan a actuar diferentes grupos. No vídeo aparecen cantando unhas mulleres vestidas de forma tradicional co pano na cabeza... E tamén uns homes tocando a gaita e cantando. Pero hai moita variedade de grupos todos de música tradicional. Está semana temos pensado preparar as preguntas e chamar a os que organizan este festival haber que nos contan que ten pinta de ser interesante. Antía López Teodosio, 2º ESO. 

miércoles, 8 de enero de 2020

FESTIVAL NADAL DECEMBRO 2019



Un ano máis o Departamento de Música colabora no Festival de Nadal que tivo lugar o venres 20 de decembro de 2019 no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. O alumnado de Educación Secundaria colaborou en diferentes números musicais dos rapaces de primaria: Con 1º de educación primaria na panxoliña "Los peces en el río" e con 4º de educación primaria no canon "Banaha"

miércoles, 29 de mayo de 2019

CHARLA SOBRE A GAITA GALEGA

Temos moita sorte de ter no noso cole a un virtuoso da gaita. O seu nome é Felipe Rey Castro, cursa 2º da ESO, e o pasado luns 27 de maio de 2019 impartiu unha interesantísima charla aos seus compañeiros/as de clase sobre este instrumento.