jueves, 29 de octubre de 2015

CARTA DE AJUSTE








viernes 29 octubre 2015. De 14:45 a 16:25. Salfu Valdés - Cajón y coros
David Taboada - Guitarra y voz.




jueves, 18 de junio de 2015

CONCERTO DIDÁCTICO DÚO DÍAS NEVES

Martes 17 de xuño de 2015. Mozart: As vodas de Fígaro, Don Xoan, A Frauta Máxica; A Traviata de Verdi e fragmentos de Puccini.






miércoles, 3 de junio de 2015

CANCIONEIRO DE MONFERO







     O Departamento de Música do CPI Virxe da Cela leva case unha década recollendo a tradición oral da zona. Todos os anos os alumnos e alumnas de 2º da ESO teñen que facer este traballo “obligatorio”, así que xa vén sendo toda unha tradición… Son moitísimos os materiais que temos almacenados no disco duro do noso ordenador… e esperamos, nun futuro non moi lonxano, que todos estes documentos podan ver a luz e ter unha ampla difusión. Polo de pronto nos conformamos cunha presentación pública dos traballos desenvolvidos durante este presente curso académico 2014-2015 a través dunhas xornadas abertas ás que convidamos ao alumnado de 1º da ESO e 6º de primaria, que deste xeito xa se vai familiarizando coa tarefa que van ter que facer proximamente… 

      O alumnado de 2º da ESO optou por facer este traballo tanto de maneira individual como en grupo, así que nestas imaxes podedes observar como se van explicando os traballos axudados de presentación power point e de vídeos montados para a ocasión. Moitos dos informantes elixidos por estes rapaces/zas son un auténtico tesouro en sabedoría, e quedamos abraiados coa súa riqueza en léxico, a súa expresividade e a súa memoria!!! Temos que rescatar estas auténticas bibliotecas do saber popular. E quedounos máis que claro que todos estes avós e avoas, veciños/as, e xentes maiores están encantados cada vez que nos achegamos a eles a preguntarlles polo pasado, etapa que lembran con todo detalle e moita nostalxia…



domingo, 31 de mayo de 2015

POUSA, POUSA, POUSA

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

MAIOS 2015















Fai case unha década o departamento de música do CPI Virxe da Cela comezou a rescatar a tradición dos Maios, e a día de hoxe pode dicirse que esta festa de carácter popular está totalmente arraigada entre o noso alumnado. Con varias semanas de antelación os rapaces e rapazas preparan con moito entusiasmo e motivación unha serie de cancións e danzas para interpretar nunha xornada especial, este ano celebrada o venres 22 de maio. Aproveitamos a ocasión para facer unha merecida homenaxe a Filgueira Valverde, “O vello profesor”, figura a quen se dedicou as Letras Galegas 2015, así como a outros escritores que utilizaron a lingua galega como vehículo de expresión do seu pensar e sentir.
 Dando inicio á gala, o alumnado de 1º EP fixo unha lectura da fermosa poesía “Adeus ríos, adeus fontes” da nosa grande poetisa Rosalía de Castro. Acto seguido os máis pequerrechos, os nenos e nenas de infantil, cantaron e bailaron “A saia da Carolina”. Parabéns ás súas mestras Isabel e Lucía, que fixeron unha importantísima labor ensaiando aos seus alumnos/as e elaborando tan fantástico vestiario, con lagarto incluído! E tamén felicitar ao alumnado da ESO pola súa interpretación coas frautas e a percusión… incluso contamos coa presenza dunha fermosa gaiteira engalanada coa vestimenta tradicional (Erea, 4º da ESO), que tocou os primeiros compases de tan coñecida melodía.
A continuación os nenos/as de 2º EP fixeron a lectura de “O Maio”, de Curros Enríquez. O seguinte número musical consistiu nunha danza de orixe ancestral, a “Danza de Paus”, executada conxuntamente polo alumnado de 5º EP e 2º ESO. Unha nova lectura, “Verso e Prosa” de Rosalía de Castro, a cargo do alumnado de 4º de EP antecede a outros números coreográficos: unha muiñeira bailada polas rapazas de 3º da ESO (coa colaboración especial de Lucía, a profe de educación física de primaria) e outra danza moi antiga, o “Baile das fintas”, interpretada polo alumnado de 3º e 4º da ESO.
Xa finalizando o festival, un rapaz e unha rapaza de 6º EP poñen en práctica con moita retranca “A Regueifa”, e como broche final todo o alumnado da ESO interpreta “O Caneco”, que co seu ritmo pegadizo convida a terminar a festa bailando.

Para dar clausura a esta gala “Letras Galegas e Maios 2015” faise entrega dos premios do concurso “O Preguntón”, organizado pola biblioteca escolar: o primeiro premio foi para o "Grupo de Monfero", composto por Laura Ares García e Verónica García Martín (6º EP); o segundo premio para o equipo "?" ,formado por Sergio García Coira e Ana Pena Freire (2º ESO), e o terceiro premio para "El equipo A" compuesto por Borja Martínez García e David Rodríguez Fernández (1º ESO).




jueves, 19 de marzo de 2015

martes, 17 de marzo de 2015

O PASODOBRE E A MUIÑEIRA

Xa que este ano estamos apostando polo baile e a danza, non podemos esquecer dous estilos da nosa terra: o pasodobre e a muiñeira. Rocío Pérez (4º ESO) elaborou estas presentacións para achegarnos algunha información sobre eles.
 

lunes, 9 de marzo de 2015

CONCÉDESME ESTE BAILE?

Recomendamos esta curiosa presentación en power point da nosa compañeira Nina (3º da ESO), para aqueles e aquelas que queran documentarse sobre os bailes de salón e os tipos de danzas.


miércoles, 4 de marzo de 2015

IMPOSSIBLE

Parabéns para a alumna Laura Muíño (4º ESO) que aproveitou unha sesión de música personalizada para iniciarse na práctica instrumental co piano e, como guinda final, foi quen de transcribir este tema tan coñecido, Impossible, de James Arthur. Aquí tendes a partitura, a ver si a final de curso somos capaces de tocala como despedida. Será posible ou imposible???


domingo, 22 de febrero de 2015

O VALS

A continuación penduramos unha nova contribución da nosa colaboradora Rocío Pérez (4º ESO), que contén interesante información sobre o vals. Para todos aqueles/las que queirades aprender este sinxelo e resultón baile, revisade o power point que explica detalladamente os seus pasos.


jueves, 19 de febrero de 2015

NA BEIRA DO MAR

MUSESCORE EN 10 PASOS FÁCILES


TITORIAL 1.- Crear unha partitura desde o inicio: autor, título, instrumentos, armadura, compás, etc.


TITORIAL 2.- A ventana principal de Musescore e o entorno da partitura: barra de ferramentas, iconas, controis de reprodución, valores rítmicos, paletas, zoom, área de navegación.



TITORIAL 3.- Notación básica: modo de introdución de notas (N), dúas opcións, rato/teclado; selección de valores rítmicos ( control numérico 1, 2, 3, 4-corchea, 5 negra-, 6 branca...); notas en cifrado americano (A-la, B-si, C-do...); subir ou baixar altura do son (flecha arriba, flecha abaixo); cambio de octava (Ctrol+flecha arriba/abaixo); desfacer (Ctrol+Z).



TITORIAL 4.- Ingreso de notas con teclado MIDI e reprodución da partitura. Conexión do teclado MIDI; habilitar o son mentres se edita; ingresar notas (N: activar ingreso de notas); selección de figuras (teclado numérico 1, 2, 3, 4-corchea, 5-negra...); ingreso notas con teclado MIDI; reproducir partitura (play-pause con botóns e con barra espaciadora); panel de reprodución (variar tempo e volume da reprodución).


TITORIAL 5.- Letras e dinámicas: Ctrol+L (modo introdución letra); barra espaciadora separación palabras; utilización guión para separar sílabas; seleccionar compás con click; copiar Ctrol+C; pegar Ctrol+V; selección de varios compases: click no primeiro compás e maiúsculas click no último; dinámicas en paleta; selección símbolos de dinámica e arrastre ata o seu lugar.


ç
TITORIAL 6.- Creación de obstinados: pulsar I (introducir instrumentos); paleta armadura e arrastrar alteracións correspondentes; barra espaciadora introduce silencios (utilizar teclado numérico para seleccionar valores); Ligagura de expresión presionar S (slur); engadir compases presionar B (bars); Articulacións e ornamentos arrastrando desde paleta.



TITORIAL 7.- Signos de repetición e casillas 1º, e 2º repetición: Signos repetición arrastrados dende paleta de liñas de compás; casillas de 1º e 2º repetición arrastradas desde paleta de liñas.



TITORIAL 8.- Codas: Seleccionar compás+crear compases+insertar marco horizontal; arrastrar símbolos de coda na paleta de repeticións.



TITORIAL 9.- Escribir notación para batería: Engadir pentagrama específico para batería; abrir paleta de percusión para seleccionar son; pulsar rectángulos de cores 1-2-3-4 para escribir diferentes voces; para repetir compases selección+R.


TITORIAL 10.- Deseño e formato: estilo+estilo xeral


miércoles, 18 de febrero de 2015

O CANECO




O TANGO

Seguimos avanzando coas nosas clases de "bailes de salón". Ademais das prácticas que facemos bailando no cole, se ollades este power point elaborado por Rocío Pérez (4º ESO) poderedes aprender moitísimas cousas sobre a historia deste estilo de bailar oriundo de Bos Aires (Arxentina). Engadimos tamén a presentación de Alba Amenedo (3º ESO).



jueves, 5 de febrero de 2015

OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN

Recomendamos este traballo en Power Point realizado por unha alumna de 4º da ESO, no que aparecen descritos numerosos instrumentos da familia de percusión e ilustrados por medio de imaxes e vídeos.



viernes, 23 de enero de 2015

MUIÑOSE


Este curioso título ilustra o espectacular traballo que realizaron os alumnos e alumnas do IES Otero Pedrayo (A Coruña), no que explican un proceso científico a ritmo de muiñeira. Parabéns ao Departamento de Ciencias dese centro... que mellor maneira para motivar ao alumnado e aprender de maneira interdisciplinar!!

jueves, 22 de enero de 2015

TRADICIÓN ORAL DA ZONA DE MONFERO E IRIXOA

Desde hai case unha década o Departamento de Música de Secundaria do CPI Virxe da Cela (Monfero) traballa na recollida da tradición oral da zona. Este curso 2014-2015 este traballo estará vinculado co proxecto Dragal (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), por tanto enfocarase ás temáticas abordadas a través da lectura do libro “Dragal: a Herdanza do dragón”. 



lunes, 12 de enero de 2015

A SAIA DE CAROLINA

Aquí deixamos a partitura da canción tradicional "A Saia de Carolina". Esta melodía é xa todo un clásico no repertorio do CPI Virxe da Cela. Un ano máis o alumnado que chega a secundaria aprenderá esta bonita canción, que ademais este ano a tocaremos na frauta para acompañar ao alumnado de educación infantil... Animádesvos???


domingo, 11 de enero de 2015

BACHATA

Deixamos pendurados uns titoriais sobre o estilo de baile "bachata", así poderedes reforzar o traballo práctico efectuado na aula. Ánimo