domingo, 21 de diciembre de 2014

DESPEDIDA DE ANO VELLO

Panxoliña tradicional, recollida no cd "O Aghinaldo" de Malvela, e interpretada polo alumnado de 4º ESO (optativa música) do CPI Virxe da Cela e por varias profesoras de deste centro no Festival de Nadal (venres 19 de decembro de 2014).


NAVIDAD DE MIL COLORES

Panxoliña ensaiada pola profesora de relixión do CPI Virxe da Cela e interpretada polo alumnado da ESO no Festival de Nadal (19 de decembro 2014).


LE PÈRE NOËL ELECTRONIQUE

Panxoliña en francés interpretada polo alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela no Festival de Nadal (19 decembro 2014).


NOITE DE PAZ

Intrerpretación de panxoliña popular polo alumnado de música da ESO do CPI Virxe da Cela, no festival de Nadal celebrado o pasado venres 19 de decembro de 2014.


CHEGARON A PÉ

Intrerpretación de panxoliña popular, recollida no cd "O Aghinaldo" de Malvela, polo alumnado de 2º de educación primaria e 4º da ESO (optativa música) do CPI Virxe da Cela, no festival de Nadal celebrado o pasado venres 19 de decembro de 2014.


jueves, 18 de diciembre de 2014

EXHIBICIÓN DE STREET DANCE

A través da Deputación da Coruña (rede cultural), tivemos a oportunidade de ver unha interesante exhibición de Street Dance o pasado xoves 18 decembro pola tarde, no pavillón polideportivo CPI Virxe da Cela. Ademais dos fantásticos bailaríns profesionais da propia compañía de danza, poidemos tamén ver as dotes artísticos doutros/as bailaríns "amateurs" da nosa escola...












ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA E 4º DA ESO NA AULA DE MÚSICA

A raíz da proposta de Mª José Ferreira, titora de 2º de educación primaria do CPI Virxe da Cela, os rapaces e rapazas deste curso están efectuando ensaios semanais na aula de música de secundaria para preparar a panxoliña "Chegaron a pé" (do disco O Aghinaldo de Malvela), que cantarán no festival de nadal acompañados polos 5 alumnos/as de 4º da ESO que colleron a optativa de música. Se queredes ver o resultado... haberá que esperar ao vindeiro venres 19 decembro, o día que nos dan tamén as xa esperadas vacacións de nadal!!!

martes, 16 de diciembre de 2014

CONCERTO DIDÁCTICO LUDMILA ORLOVA




O día 15 de decembro de 2014 veu ao noso centro o Cuarteto Pizzicato. O grupo estaba formado por dúas nenas que se chamaban Sofía e Patricia e dúas mulleres: Ludmila e Despina. Ludmila era de Rusia, Despina de Rumanía e Sofía e Patricia españolas. Tocaban instrumentos de corda: o violín, a viola e tamén o piano. Tocaron cancións de diferentes compositores como Mozart, Vivaldi e Haydn. Tamén deixaron tocar a Miguel que era de 2º de primaria e a Antonio de 1º. O concerto estivo moi ben e a todo o mundo lle gustou. Alumn@s de 4º de primaria.


viernes, 5 de diciembre de 2014

CONCERTO PABLO DÍAZ E OLGA KIRK

Impresionante o obradoiro que impartiron Pablo Díaz e Olga Kirk no CPI Virxe da Cela o pasado venres 5 de decembro de 2014. Con solo ollar para as caras e expresións dos nenos e nenes, e tamén dalgunha profe!!!. Cantamos, bailamos, viaxamos a través dos contos, xogamos con eses xogos cos que se divertían e pasaban o tempo os nosos avós e avoas, que a parte de ser ben divertidos servían para aprender tantísimas cousas! Mágoa que hoxe en día estean nunha fase de extinción! Grazas ao traballo de Pablo, Olga e moitísimas outras persoas, o noso patrimonio inmaterial está sendo recuperado, e esperemos que sexan moitas máis as xeracións vindeiras que utilicen o tan ancestral modelo de transmisión oral para seguir mantendo vidas todas estas cancións, xogos, lendas... 




lunes, 24 de noviembre de 2014

EDITORES DE PARTITURAS NOS DISPOSITIVOS MÓBILES

Todo o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela ten coñecemento dalgún editor de partituras (Musescore). Aquí penduramos un vídeo onde poderedes poñervos ao día con aplicacións para teléfonos móbiles que vos permitirán editar e reproducir partituras en calquera momento e calquera lugar, e incluso posibilitan envialas a outros usuarios.

 

martes, 4 de noviembre de 2014

CONCERTO REDE CULTURAL DEPUTACIÓN CORUÑA




O pasado martes 4 de novembro o cantante Pablo Balseiro, acompañado pola súa banda, visitou o CPI Virxe da Cela para ofrecer un divertido concerto, titulado Per-Versións. Durante hora e media dedicaron ao seu público de ESO unha morea de versións de diferentes temas que habitan na nosa cultura popular, desde pasodobres, rumbas e outros ritmos de orquestra, versións de famosas cancións da década dos oitenta e os noventa, e tamén algunha incursión na música máis actual. Aínda que os rapaces e rapazas animaban timidamente con palmas desde os seus asentos, os músicos deixaron a pel no escenario, baténdose en duelo constante coas pésimas condicións acústicas do pavillón polideportivo, os ruídos de maquinaria dos operarios que nese momento realizaban tarefas de restauración do edificio e incluso a forte treboada con intensa choiva que se escoitou ao final do concerto, rebotando e retumbando na uralita do tellado!!! A nota divertida e de cor a puxeron un grupo de rapazas de 2º da ESO, que pediron a famosa canción da Macarena e saíron a bailar á pista. Posteriormente tamén realizaron un tren chu-chu que se desprazou polo espazo ao ritmo das cancións. 

miércoles, 22 de octubre de 2014

LE PÈRE NOËL ELECTRONIQUE

Un ano máis a profesora que imparte aulas de francés no CPI Virxe da Cela realizou unha proposta de panxoliña en francés para traballar conxuntamente entre o seu departamento e o departamento de música. O tema elixido nesta ocasión é "Le Père Noël électronique, composto por Philippe Richard. Nesta entrada tendes pendurado o vídeo para poder escoirtar e irvos familiarizando con esta canción. Próximamente engadiremos un arranxo para tocar con frautas e instrumentos de placas, así como a letra da canción.

 




sábado, 18 de octubre de 2014

NOITE DE PAZ

Xa case que á volta da esquina temos asomando o Nadal. Aínda quedan varias semanas, pero como o tempo pasa voando imos pendurando algunha partitura para poder empezar a practicar algunha panxoliña. Vos animades con esta versión da famosa "Noite de Paz" arranxada para dúas frautas?


miércoles, 15 de octubre de 2014

AULA TIC

Este documental amosa as posibilidades que ofrece unha Aula TIC e a visión que ten o alumnado sobre este tipo de ensinanza-aprendizaxe. Está realizado no IES Profesor Pablo del Saz de Marbella (Málaga, España), pola profesora de música Elena García Corbacho.


 Experiencia de integración das TIC na aula de Música pola profesora María Jesús Camino (Cantabria).


 

lunes, 13 de octubre de 2014

LA BELLA Y LA BESTIA B.S.O.

Seguro que todos/as vós coñecedes esta famosa melodía da banda sonora orixinal da película "La Bella y la Bestia" de Disney. Agora tendes a oportunidade de descargar a partitura e probar a interpretala coa frauta. Seguro que queda moi fermosa con acompañamento de piano, e xa sería fantástico que algún e algunha se animara a cantala!!

 

lunes, 2 de junio de 2014

MAIOS 2014 NO CPI VIRXE DA CELA

 Pensabamos que non chegabamos, mais ao final conseguimos celebrar a xa tradicional festa das flores o último venres do mes de maio. Ante un curso cunha axenda demasiado apretada, este ano todo o mérito o teñen os rapaces e rapazas da ESO do CPI Virxe da Cela, que apostaron por esta celebración que se vén desenvolvendo no noso centro nos últimos anos, comprometéndose en cada grupo-clase e deixando moito suor en cada un dos ensaios.
            O resultado foi, coma sempre, lucido e espectacular… música, danza, moitas flores e a certeza de que o verán e as ansiadas vacacións xa están á volta da esquina!! A gala foi presentada por Rubén e Ainoa (5º primaria), que a pesares da falta de megafonía dirixíronse ao público para presentar as actuacións. A primeira delas foi a dos rapaces de 5º e 6º de primaria, que fixeron todo un acto de valentía saíndo ao escenario a bailar unha coreografía tatareando timidamente a letra e a melodía da canción, xa que coas presas e os problemas que entraña o “directo” non puideron contar coa audición de fondo (desculpen todos e todas os problemas técnicos). Acto seguido o alumnado de 4º da ESO interpretou unha muiñeira e unha xota con pandeiretas e voces, para proseguir a gala coas exhibicións de danza de 2º da ESO (Muiñeira de Chantada), 3º da ESO (danza de paus) e 4º da ESO (danza de fitas).

             Se todos/as os que subiron ao escenario foron moi ben recibidos polo público, o gran descubrimento deste festival foi o noso novo compañeiro de 4º da ESO, Ignacio, quen gañou a simpatía e admiración dos alí presentes, especialmente dos profesores e profesoras, polas súa fina psicomotricidade na execución de patróns rítmicos co tamboril e a pandeireta. Xa sabes, Ignacio, este verán podes gañar uns cartiños “extra” tocando nas alboradas das festas da parroquia!








viernes, 2 de mayo de 2014

HIMNO GALEGO

Para completar a entrada anterior que contén o Himno de España, ofrecémosvos a partitura do Himno Galego, "Os Pinos", de Pascual Veiga. É unha versión a dúas voces, que ademais contén varias alteracións (bemoles)... Descubriremos a alguén capaz de quitalo pola súa conta??? Todo un reto...



HIMNO ESPAÑA

A petición de Pablo (3º ESO), aquí tendes esta sinxela partitura dunha melodía moi coñecida, o "Himno de España". Prometemos positivos a aqueles se sexan tan apañadiños coa linguaxe musical como para traer esta canción tocada de volta desta pequena ponte... Ollo, lembrade que ten un fa sostido!!!


 

miércoles, 30 de abril de 2014

ONE DIRECTION

As nosas compañeiras Silvia e María (4º da ESO), fixeron unha fantástica exposición oral sobre o grupo One Direction. A verdade é que transmitiron ao público asistente a súa pasión por esta banda britática, así como os seus completos coñecementos sobre a mesma. Parabés, rapazas.

martes, 22 de abril de 2014

MELENDI

A nosa compañeira Rocío (3º ESO) elexiu a Melendi, un artista nacional e castizo, para facer o seu traballo de investigación.

lunes, 7 de abril de 2014

SERAFÍN SANTAMARIÑA

Deixámosvos esta entrevista do xornal a Serafín Santamariña, un músico moi novo pero con moitísima experiencia. Xa tiñamos oído falar del, é o primo do noso compañeiro de 3º da ESO, Manuel Santamariña. Comezou tocando o acordeón, ao igual que a súa irmá (xa ben de tradición familiar, posto que o seu avó tamén tocaba este instrumento). Posteriormente colleu a gaita e ai está, amosando o seu talento en concertos e concursos. E todo isto, compaxinando os seus estudos musicais coa escola... Todo un campeón.

lunes, 31 de marzo de 2014

XUSO JONES

Ten un nome anglosaxón, mais Xuso Jones é nin mais nin menos que de Murcia. O seu vídeo máis popular foi o do pedido del McAuto, onde el e os seus amigos cantaban unha canción que tiña unha letra que escribiran simplemente por diversión. Este tema moi un éxito entre os rapaces/zas de 3º da ESO, que decidiron facer con el a súa actuación de Antroido, gañando o Premio ao Mellor Disfraz. Será por iso que Cinta Grueiro elixiu este cantante para facer o seu traballo de investigación???

sábado, 22 de marzo de 2014

LUZ CASAL

Sofía e Laura (3º ESO)apostan polo produto Galicia-Calidade. Aquí tendes a súa presentación sobre a nosa paisana Luz Casal, que a parte de ser unha das mellores voces do noso país, mostra na súa vida persoal unha grande dose de humanidade. Descubrídea a través deste power point.

ANTONIO OROZCO

Pablo Medín (3º ESO) apostou por una figura máis "nacional". Aquí vos amosamos o seu traballo de investigación sobre Antonio Orozco.

GAITEIROS GALEGOS

A nosa compañea Erea leva desde moi pequeña vinculada ao mundo do folclore galego. É unha notable pandereiteira, e desde a súa máis tenra infancia é integrante dun grupo de música tradicional. Aquí tendes o seu traballo de investigación relacionado co mundo da gaita galega.

ONE DIRECTION

Esta banda de música deixou pegadas tamén entre o alumnado do CPI Virxe da Cela, Monfero. Aquí temos o traballo de investigación realizado por Alba Amenedo (3º ESO).

domingo, 16 de marzo de 2014

EMINEM, RIHANNA E LARA DEL REY

Tres cantantes con moita fama na actualidade, comparten moitos elementos comúns na súa música. Se queredes saber algo máis sobre eles visitade esta presentación realizada por Jennifer Feal (4º ESO).

jueves, 13 de marzo de 2014

GREEN DAY

Esta banda americana deixou ao seu paso milleiros de seguidores... un deles, nin máis nin menos que en terras de Monfero, o noso compañeiro Manuel Santamariña (3º ESO), que vos ofrece máis información algunhas críticas e opinións personales.

miércoles, 22 de enero de 2014

APRENDENDO DOS CLÁSICOS

Neste espazo combinamos os grandes clásicos presentados co dinamismo das novas tecnoloxías, para captar toda a atención do alumnado, e facer da aprendizaxe da historia da música unha tarefa máis motivadora e divertida. Despois do visionado na aula faremos grupos para realizar as actividades que veñen ao final desta presentación, así que... estade ben atentos e afinade o voso oído...