Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiro de percusión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiro de percusión. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de diciembre de 2013

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN

Despois dun riquísio xantar especial de Nadal e da visita do esperado Papá Noel, os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela fixeron a dixestión ao ritmo dos tambores. Nin mais nin menos que un obradoiro de percusión, ofertado polo Concello de Monfero, que tivo lugar no pabellón polideportivo a tarde do xoves 19 de decembro de 2013. O mellor de todo é que unha vez máis o alumnado do noso cole exhibe as súas dotes artísticas e musicais. Foron varios os nenos/as que trataron de repetir os ritmos que os músicos ían ensinando, e de paso experimentar nas sonoridades de tan diversos instrumentos.