martes, 4 de noviembre de 2014

CONCERTO REDE CULTURAL DEPUTACIÓN CORUÑA




O pasado martes 4 de novembro o cantante Pablo Balseiro, acompañado pola súa banda, visitou o CPI Virxe da Cela para ofrecer un divertido concerto, titulado Per-Versións. Durante hora e media dedicaron ao seu público de ESO unha morea de versións de diferentes temas que habitan na nosa cultura popular, desde pasodobres, rumbas e outros ritmos de orquestra, versións de famosas cancións da década dos oitenta e os noventa, e tamén algunha incursión na música máis actual. Aínda que os rapaces e rapazas animaban timidamente con palmas desde os seus asentos, os músicos deixaron a pel no escenario, baténdose en duelo constante coas pésimas condicións acústicas do pavillón polideportivo, os ruídos de maquinaria dos operarios que nese momento realizaban tarefas de restauración do edificio e incluso a forte treboada con intensa choiva que se escoitou ao final do concerto, rebotando e retumbando na uralita do tellado!!! A nota divertida e de cor a puxeron un grupo de rapazas de 2º da ESO, que pediron a famosa canción da Macarena e saíron a bailar á pista. Posteriormente tamén realizaron un tren chu-chu que se desprazou polo espazo ao ritmo das cancións. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario