domingo, 31 de mayo de 2015

POUSA, POUSA, POUSA

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

MAIOS 2015















Fai case unha década o departamento de música do CPI Virxe da Cela comezou a rescatar a tradición dos Maios, e a día de hoxe pode dicirse que esta festa de carácter popular está totalmente arraigada entre o noso alumnado. Con varias semanas de antelación os rapaces e rapazas preparan con moito entusiasmo e motivación unha serie de cancións e danzas para interpretar nunha xornada especial, este ano celebrada o venres 22 de maio. Aproveitamos a ocasión para facer unha merecida homenaxe a Filgueira Valverde, “O vello profesor”, figura a quen se dedicou as Letras Galegas 2015, así como a outros escritores que utilizaron a lingua galega como vehículo de expresión do seu pensar e sentir.
 Dando inicio á gala, o alumnado de 1º EP fixo unha lectura da fermosa poesía “Adeus ríos, adeus fontes” da nosa grande poetisa Rosalía de Castro. Acto seguido os máis pequerrechos, os nenos e nenas de infantil, cantaron e bailaron “A saia da Carolina”. Parabéns ás súas mestras Isabel e Lucía, que fixeron unha importantísima labor ensaiando aos seus alumnos/as e elaborando tan fantástico vestiario, con lagarto incluído! E tamén felicitar ao alumnado da ESO pola súa interpretación coas frautas e a percusión… incluso contamos coa presenza dunha fermosa gaiteira engalanada coa vestimenta tradicional (Erea, 4º da ESO), que tocou os primeiros compases de tan coñecida melodía.
A continuación os nenos/as de 2º EP fixeron a lectura de “O Maio”, de Curros Enríquez. O seguinte número musical consistiu nunha danza de orixe ancestral, a “Danza de Paus”, executada conxuntamente polo alumnado de 5º EP e 2º ESO. Unha nova lectura, “Verso e Prosa” de Rosalía de Castro, a cargo do alumnado de 4º de EP antecede a outros números coreográficos: unha muiñeira bailada polas rapazas de 3º da ESO (coa colaboración especial de Lucía, a profe de educación física de primaria) e outra danza moi antiga, o “Baile das fintas”, interpretada polo alumnado de 3º e 4º da ESO.
Xa finalizando o festival, un rapaz e unha rapaza de 6º EP poñen en práctica con moita retranca “A Regueifa”, e como broche final todo o alumnado da ESO interpreta “O Caneco”, que co seu ritmo pegadizo convida a terminar a festa bailando.

Para dar clausura a esta gala “Letras Galegas e Maios 2015” faise entrega dos premios do concurso “O Preguntón”, organizado pola biblioteca escolar: o primeiro premio foi para o "Grupo de Monfero", composto por Laura Ares García e Verónica García Martín (6º EP); o segundo premio para o equipo "?" ,formado por Sergio García Coira e Ana Pena Freire (2º ESO), e o terceiro premio para "El equipo A" compuesto por Borja Martínez García e David Rodríguez Fernández (1º ESO).




jueves, 19 de marzo de 2015

martes, 17 de marzo de 2015

O PASODOBRE E A MUIÑEIRA

Xa que este ano estamos apostando polo baile e a danza, non podemos esquecer dous estilos da nosa terra: o pasodobre e a muiñeira. Rocío Pérez (4º ESO) elaborou estas presentacións para achegarnos algunha información sobre eles.
 

lunes, 9 de marzo de 2015

CONCÉDESME ESTE BAILE?

Recomendamos esta curiosa presentación en power point da nosa compañeira Nina (3º da ESO), para aqueles e aquelas que queran documentarse sobre os bailes de salón e os tipos de danzas.


miércoles, 4 de marzo de 2015

IMPOSSIBLE

Parabéns para a alumna Laura Muíño (4º ESO) que aproveitou unha sesión de música personalizada para iniciarse na práctica instrumental co piano e, como guinda final, foi quen de transcribir este tema tan coñecido, Impossible, de James Arthur. Aquí tendes a partitura, a ver si a final de curso somos capaces de tocala como despedida. Será posible ou imposible???