Este curioso título ilustra o espectacular traballo que realizaron os alumnos e alumnas do IES Otero Pedrayo (A Coruña), no que explican un proceso científico a ritmo de muiñeira. Parabéns ao Departamento de Ciencias dese centro... que mellor maneira para motivar ao alumnado e aprender de maneira interdisciplinar!!
viernes, 23 de enero de 2015
jueves, 22 de enero de 2015
TRADICIÓN ORAL DA ZONA DE MONFERO E IRIXOA
Desde
hai case unha década o Departamento de Música de Secundaria do CPI Virxe da
Cela (Monfero) traballa na recollida da tradición oral da zona. Este curso
2014-2015 este traballo estará vinculado co proxecto Dragal (Equipo de Dinamización
da Lingua Galega), por tanto enfocarase ás temáticas abordadas a través da
lectura do libro “Dragal: a Herdanza do
dragón”.
domingo, 18 de enero de 2015
miércoles, 14 de enero de 2015
lunes, 12 de enero de 2015
A SAIA DE CAROLINA
Aquí deixamos a partitura da canción tradicional "A Saia de Carolina". Esta melodía é xa todo un clásico no repertorio do CPI Virxe da Cela. Un ano máis o alumnado que chega a secundaria aprenderá esta bonita canción, que ademais este ano a tocaremos na frauta para acompañar ao alumnado de educación infantil... Animádesvos???
domingo, 11 de enero de 2015
BACHATA
Deixamos pendurados uns titoriais sobre o estilo de baile "bachata", así poderedes reforzar o traballo práctico efectuado na aula. Ánimo
Ficha bachata from satelite1
Texto bachata from satelite1
domingo, 21 de diciembre de 2014
DESPEDIDA DE ANO VELLO
Panxoliña tradicional, recollida no cd "O Aghinaldo" de Malvela, e interpretada polo alumnado de 4º ESO (optativa música) do CPI Virxe da Cela e por varias profesoras de deste centro no Festival de Nadal (venres 19 de decembro de 2014).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
