domingo, 31 de mayo de 2015
MAIOS 2015
Fai case unha década o departamento de
música do CPI Virxe da Cela comezou a rescatar a tradición dos Maios, e a día
de hoxe pode dicirse que esta festa de carácter popular está totalmente
arraigada entre o noso alumnado. Con varias semanas de antelación os rapaces e
rapazas preparan con moito entusiasmo e motivación unha serie de cancións e
danzas para interpretar nunha xornada especial, este ano celebrada o venres 22
de maio. Aproveitamos a ocasión para facer unha merecida homenaxe a Filgueira Valverde,
“O vello profesor”, figura a quen se
dedicou as Letras Galegas 2015, así como a outros escritores que utilizaron a
lingua galega como vehículo de expresión do seu pensar e sentir.
Dando
inicio á gala, o alumnado de 1º EP fixo unha lectura da fermosa poesía “Adeus ríos, adeus fontes” da nosa grande
poetisa Rosalía de Castro. Acto seguido os máis pequerrechos, os nenos e nenas
de infantil, cantaron e bailaron “A saia
da Carolina”. Parabéns ás súas mestras Isabel e Lucía, que fixeron unha
importantísima labor ensaiando aos seus alumnos/as e elaborando tan fantástico
vestiario, con lagarto incluído! E tamén felicitar ao alumnado da ESO pola súa
interpretación coas frautas e a percusión… incluso contamos coa presenza dunha
fermosa gaiteira engalanada coa vestimenta tradicional (Erea, 4º da ESO), que
tocou os primeiros compases de tan coñecida melodía.
A continuación os nenos/as de 2º EP
fixeron a lectura de “O Maio”, de
Curros Enríquez. O seguinte número musical consistiu nunha danza de orixe ancestral,
a “Danza de Paus”, executada
conxuntamente polo alumnado de 5º EP e 2º ESO. Unha nova lectura, “Verso e Prosa” de Rosalía de Castro, a
cargo do alumnado de 4º de EP antecede a outros números coreográficos: unha
muiñeira bailada polas rapazas de 3º da ESO (coa colaboración especial de
Lucía, a profe de educación física de primaria) e outra danza moi antiga, o “Baile das fintas”, interpretada polo
alumnado de 3º e 4º da ESO.
Xa finalizando o festival, un rapaz e unha
rapaza de 6º EP poñen en práctica con moita retranca “A Regueifa”, e como broche final todo o alumnado da ESO interpreta “O Caneco”, que co seu ritmo pegadizo convida
a terminar a festa bailando.
Para dar clausura a esta gala “Letras Galegas e Maios 2015” faise
entrega dos premios do concurso “O
Preguntón”, organizado pola biblioteca escolar: o primeiro premio foi para
o "Grupo de Monfero",
composto por Laura Ares García e Verónica García Martín (6º EP); o segundo
premio para o equipo "?" ,formado
por Sergio García Coira e Ana Pena Freire (2º ESO), e o terceiro premio para
"El equipo A" compuesto por
Borja Martínez García e David Rodríguez Fernández (1º ESO).
jueves, 19 de marzo de 2015
MÚSICA E NEUROLOXÍA
Deixo pendurada esta fantástica invenstigación para comentar o próximo día na aula.
martes, 17 de marzo de 2015
O PASODOBRE E A MUIÑEIRA
Xa que este ano estamos apostando polo baile e a danza, non podemos esquecer dous estilos da nosa terra: o pasodobre e a muiñeira. Rocío Pérez (4º ESO) elaborou estas presentacións para achegarnos algunha información sobre eles.
lunes, 9 de marzo de 2015
CONCÉDESME ESTE BAILE?
Recomendamos esta curiosa presentación en power point da nosa compañeira Nina (3º da ESO), para aqueles e aquelas que queran documentarse sobre os bailes de salón e os tipos de danzas.
miércoles, 4 de marzo de 2015
IMPOSSIBLE
Parabéns para a alumna Laura Muíño (4º ESO) que aproveitou unha sesión de música personalizada para iniciarse na práctica instrumental co piano e, como guinda final, foi quen de transcribir este tema tan coñecido, Impossible, de James Arthur. Aquí tendes a partitura, a ver si a final de curso somos capaces de tocala como despedida. Será posible ou imposible???
Impossible from satelite1
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











