miércoles, 6 de noviembre de 2013

B.S.O. AMELIE

A banda sonora desta curiosa película francesa é para escoitar unha e outra vez. Fermosas melodías en acordeón ou en piano, que nos trasladan a un escenario parisiense e que nos cautivan. Aí vai unha delas, "Comptine d'un autre ete. L'apres midi, esa cancionciña daquel outro verán ao atardecer, soamente hai que deixar voar a nosa imaxinación. Pero moito coidado, porque pode enganchar... Así lle pasou ao noso compañeiro Martín (4º ESO), que tras escoitala na aula de música, adicou unha tarde enteira ata atopala na Internet. Pois aquí tendes a partitura, para disfrutala aínda máis convertíndonos en intérpretes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario