lunes, 24 de noviembre de 2014

EDITORES DE PARTITURAS NOS DISPOSITIVOS MÓBILES

Todo o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela ten coñecemento dalgún editor de partituras (Musescore). Aquí penduramos un vídeo onde poderedes poñervos ao día con aplicacións para teléfonos móbiles que vos permitirán editar e reproducir partituras en calquera momento e calquera lugar, e incluso posibilitan envialas a outros usuarios.

 

martes, 4 de noviembre de 2014

CONCERTO REDE CULTURAL DEPUTACIÓN CORUÑA




O pasado martes 4 de novembro o cantante Pablo Balseiro, acompañado pola súa banda, visitou o CPI Virxe da Cela para ofrecer un divertido concerto, titulado Per-Versións. Durante hora e media dedicaron ao seu público de ESO unha morea de versións de diferentes temas que habitan na nosa cultura popular, desde pasodobres, rumbas e outros ritmos de orquestra, versións de famosas cancións da década dos oitenta e os noventa, e tamén algunha incursión na música máis actual. Aínda que os rapaces e rapazas animaban timidamente con palmas desde os seus asentos, os músicos deixaron a pel no escenario, baténdose en duelo constante coas pésimas condicións acústicas do pavillón polideportivo, os ruídos de maquinaria dos operarios que nese momento realizaban tarefas de restauración do edificio e incluso a forte treboada con intensa choiva que se escoitou ao final do concerto, rebotando e retumbando na uralita do tellado!!! A nota divertida e de cor a puxeron un grupo de rapazas de 2º da ESO, que pediron a famosa canción da Macarena e saíron a bailar á pista. Posteriormente tamén realizaron un tren chu-chu que se desprazou polo espazo ao ritmo das cancións. 

miércoles, 22 de octubre de 2014

LE PÈRE NOËL ELECTRONIQUE

Un ano máis a profesora que imparte aulas de francés no CPI Virxe da Cela realizou unha proposta de panxoliña en francés para traballar conxuntamente entre o seu departamento e o departamento de música. O tema elixido nesta ocasión é "Le Père Noël électronique, composto por Philippe Richard. Nesta entrada tendes pendurado o vídeo para poder escoirtar e irvos familiarizando con esta canción. Próximamente engadiremos un arranxo para tocar con frautas e instrumentos de placas, así como a letra da canción.

 




sábado, 18 de octubre de 2014

NOITE DE PAZ

Xa case que á volta da esquina temos asomando o Nadal. Aínda quedan varias semanas, pero como o tempo pasa voando imos pendurando algunha partitura para poder empezar a practicar algunha panxoliña. Vos animades con esta versión da famosa "Noite de Paz" arranxada para dúas frautas?


miércoles, 15 de octubre de 2014

AULA TIC

Este documental amosa as posibilidades que ofrece unha Aula TIC e a visión que ten o alumnado sobre este tipo de ensinanza-aprendizaxe. Está realizado no IES Profesor Pablo del Saz de Marbella (Málaga, España), pola profesora de música Elena García Corbacho.


 Experiencia de integración das TIC na aula de Música pola profesora María Jesús Camino (Cantabria).


 

lunes, 13 de octubre de 2014

LA BELLA Y LA BESTIA B.S.O.

Seguro que todos/as vós coñecedes esta famosa melodía da banda sonora orixinal da película "La Bella y la Bestia" de Disney. Agora tendes a oportunidade de descargar a partitura e probar a interpretala coa frauta. Seguro que queda moi fermosa con acompañamento de piano, e xa sería fantástico que algún e algunha se animara a cantala!!

 

lunes, 2 de junio de 2014

MAIOS 2014 NO CPI VIRXE DA CELA

 Pensabamos que non chegabamos, mais ao final conseguimos celebrar a xa tradicional festa das flores o último venres do mes de maio. Ante un curso cunha axenda demasiado apretada, este ano todo o mérito o teñen os rapaces e rapazas da ESO do CPI Virxe da Cela, que apostaron por esta celebración que se vén desenvolvendo no noso centro nos últimos anos, comprometéndose en cada grupo-clase e deixando moito suor en cada un dos ensaios.
            O resultado foi, coma sempre, lucido e espectacular… música, danza, moitas flores e a certeza de que o verán e as ansiadas vacacións xa están á volta da esquina!! A gala foi presentada por Rubén e Ainoa (5º primaria), que a pesares da falta de megafonía dirixíronse ao público para presentar as actuacións. A primeira delas foi a dos rapaces de 5º e 6º de primaria, que fixeron todo un acto de valentía saíndo ao escenario a bailar unha coreografía tatareando timidamente a letra e a melodía da canción, xa que coas presas e os problemas que entraña o “directo” non puideron contar coa audición de fondo (desculpen todos e todas os problemas técnicos). Acto seguido o alumnado de 4º da ESO interpretou unha muiñeira e unha xota con pandeiretas e voces, para proseguir a gala coas exhibicións de danza de 2º da ESO (Muiñeira de Chantada), 3º da ESO (danza de paus) e 4º da ESO (danza de fitas).

             Se todos/as os que subiron ao escenario foron moi ben recibidos polo público, o gran descubrimento deste festival foi o noso novo compañeiro de 4º da ESO, Ignacio, quen gañou a simpatía e admiración dos alí presentes, especialmente dos profesores e profesoras, polas súa fina psicomotricidade na execución de patróns rítmicos co tamboril e a pandeireta. Xa sabes, Ignacio, este verán podes gañar uns cartiños “extra” tocando nas alboradas das festas da parroquia!